sábado, 14 diciembre, 2019
Portada > Actualidad > Vía rápida para a atención das persoas alérxicas ao veleno de avespas e abellas

Vía rápida para a atención das persoas alérxicas ao veleno de avespas e abellas

Calquera persoa cunha reacción anafiláctica por picadura de avespas ou abellas recibirá o tratamento necesario e se lle practicará unha analítica que axudará ao diagnóstico da alerxia.

O Servizo Galego de Saúde vén de poñer en marcha unha vía rápida para a atención de persoas alérxicas ao veleno de avespas e abellas. O obxectivo é mellorar a accesibilidade ao sistema sanitario de todas as persoas que poidan ter alerxia ao veleno de himenópteros: abellas e avespas. Trátase desta forma de axilizar o adecuado diagnóstico e tratamento dos pacientes que sufriron unha anafilaxe pola picadura dun himenóptero.

Coa posta en marcha desta vía rápida, calquera paciente que chegue cunha reacción anafiláctica por picadura de himenópteros a calquera dispositivo asistencial (ben sexa a través do 061, centros de saúde, as urxencias dos Puntos de Atención Continuada  (PAC), ou as urxencias hospitalarias) recibirá o tratamento necesario e ademais, de forma rutineira, se lle practicará unha analítica específica que axude ao diagnóstico da alerxia (mostra de sangue para a determinación de triptasa).

Ademais, a persoa será emprazada ao seu médico de familia que a derivará, se cumpre os criterios, ao especialista de alergoloxía para a consulta presencial nun prazo de 15 días. Tamén lle prescribirá un autoinxector de adrenalina e as instrucións para o seu manexo no caso de que o preciso antes da consulta co especialista de alergoloxía.

A vía rápida homoxeneiza a atención sanitaria en todas as áreas do Sergas e define con claridade que pacientes cumpren criterios de anafilaxia e poderán ser incluídos nesta vía rápida. Non serán candidatos os pacientes con reaccións locais por picaduras, reaccións cutáneas sen outros síntomas ou reaccións por picaduras múltiples. No caso de que non se cumpran criterios de anafilaxia, prestarase a atención sanitaria pertinente en función da patoloxía do paciente

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *