lunes, 17 junio, 2019
Portada > Actualidad > A universidade sueca visita a base do 061 para analizas ás experiencias do accidente de Angrois

A universidade sueca visita a base do 061 para analizas ás experiencias do accidente de Angrois

symh-tiritaOs membros da delegación do Centro de investigación e desenvolvemento en medicina de emerxencia da Universidade de Umeå (Suecia) visitaron o luns 13 de xaneiro, as instalacións da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 acompañados polo director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial; o director da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, José Antonio Iglesias; o xerente de xestión integrada de Santiago, Luis Verde; e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz.

Britt-Inger Saveman, Ulf Björnstig e Rebecca Forsberg están visitando Galicia esta semana para recompilar e analizar os datos e experiencias do accidente de tren de Angrois, coa fin de identificar os factores de éxito que permitan minimizar as consecuencias e mellorar a atención ás vítimas neste tipo de situacións.

O Centro de investigación e desenvolvemento en medicina de emerxencia da Universidade de Umeå forma parte do seu Departamento de Cirurxía e creouse no ano 2002 co apoio da Xunta Nacional de Saúde e Benestar Social. Os seus estudos céntranse principalmente en accidentes ferroviarios, accidentes de autobús, atentados contra transportes públicos e hipotermia.

Nestas liñas de traballo enmárcase esta viaxe, na que manterán reunións con diversos profesionais dependentes da Xunta de Galicia e na que inician un proxecto que terá un proceso de elaboración de varios meses. O obxectivo é compartir coñecementos e experiencias para acadar un maior coñecemento en termos de tipos de lesións nestes accidentes de elevada enerxía; e identificar os factores clave acerca do rescate e o traballo médico realizado.

Tamén estudarán as dificultades atopadas, sobre todo no referente ao rescate e traballo médico no lugar do sinistro, describindo as necesidades de coidados específicos; e valorarán o beneficio destas experiencias e a actuación levada a cabo en Santiago, co fin de seren entrenadas en simulacros por outros servizos de emerxencia.

Trátase, en definitiva, de mellorar a experiencia en medicina de emerxencia en relación cos accidentes, co propósito de saber máis sobre a evacuación dos pacientes, a necesidade dos recursos e a organización, así como do resto de factores que inflúen neste tipo de situacións.

Fuente: Consellería Sanidade

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *