miércoles, 12 diciembre, 2018
Portada > Actualidad > Unha chamada a doar sangue na Semana Santa

Unha chamada a doar sangue na Semana Santa

symh-logo-twitterFacilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG). As dez unidades móbiles do CTG visitarán, nos vindeiros días ao redor de 45 concellos galegos para acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

As necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional, xa que se incrementan as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico e é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Obxectivos

Durante a campaña de Semana Santa do presente ano, o CTG tenta acadar unhas 2.000 doazóns de sangue, cifra que garante o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. Ademais, faise precisa a colaboración de doadores e doadoras de todos os grupos sanguíneos.

O CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA

CONCELLOS

Luns 25 de marzo Praza Conchiñas (A Coruña), Paderne, Praza Roja (Santiago), Trazo, Vimianzo, O Saviñao, Beade, Leiro, Gondomar, Moraña e Sanxenxo
Martes 26 de marzo Ames, Cambre, Carral, Praza Armas (Ferrol), Padrón, Serra de Outes, Xove, Celanova, Redondela e Rúa Príncipe (Vigo).
Mércores 27 de marzo Ares, Cee, Laxe, Muros, Oroso, Chantada, Allariz, A Estrada, Baiona e Redondela
Sábado 30 de marzo Miño, Oleiros, Oroso, Chantada, A Estrada e Redondela
Luns 1 de abril Carballo, Culleredo, Mazaricos, Narón, Alfoz, Navia de Suarna, Cervantes, Barrio Mariñamansa (Ourense), Meis, Moaña e Zona Herrería (Pontevedra)

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR

HORARIO

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00

Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)

Luns das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas

Venres das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)

Luns e venres das 8.00 ás 15.00

Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Cómo participar

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…).

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *