miércoles, 12 diciembre, 2018
Portada > Actualidad > Tierra de Hombres conta coa axuda da Deputación da Coruña para operar a oito nenos africanos

Tierra de Hombres conta coa axuda da Deputación da Coruña para operar a oito nenos africanos

tierra-hombres-webO presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou  un convenio de colaboración co representante da Fundación Tierra de Hombres, Raúl Besada Vázquez, para colaborar cos gastos do proxecto ‘Viaxe cara á vida 2013’, para o que a achega da Deputación Provincial será de 8.000 euros, o 80% dun orzamento de 10.000 euros.

O proxecto “Viaxes cara á Vida” desenvólvese a nivel nacional a través de acordos coa Fundación Tierra de Hombres España cos centros sanitarios da nosa comunidade autónoma.

Neste ano está previsto traer 8 nenos/as de distintos países africanos para facilitarlles a atención médica especializada que precisen, así como a súa recuperación en familias de acollida.

“Trátase de nenos con enfermidades graves como cardiopatías e que necesitan ser operadas para que poidan seguir vivindo”, explicou Raúl Besada tras a sinatura do acordo na Deputación.

Salientou, do mesmo xeito, o “papel fundamental” que xogan as familias de acollida e todos os médicos que participan no proxecto, ademais da “importancia” de contar coa colaboración de institucións como a Deputación da Coruña.

Fuente: Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *