miércoles, 12 diciembre, 2018
Portada > Actualidad > Sanidade intensifica as inspeccións a establecementos de restauración

Sanidade intensifica as inspeccións a establecementos de restauración

Hostelería

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, reforzará as actividades ordinarias de control oficial nos establecementos de restauración colectiva. Esta campaña especial realizarase ata o 20 de abril de 2018 e estará destinada a reforzar as inspeccións en todos os establecementos de restauración social, establecementos de restauración comercial con comedor independente (restaurante, cafetería, buffet-autoservizo, servizo a domicilio, comida rápida, etc.), e establecementos de restauración comercial sen comedor independente (serven tapas, racións ou pinchos) e tamén naqueles establecementos non rexistrados que se detecten no transcurso da campaña.

O persoal engargado destas inspeccións será o pertencente aos servizos veterinarios de saúde pública, adicándose en cada zona de inspección o 100% dos efectivos de cada zona veterinaria, de forma individual ou en equipos de dúas persoas.

Con esta campaña, a terceira deste tipo realizada, Sanidade pretende verificar e actualizar os datos do Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA)no que, dende outubro do ano 2012, deben estar inscritos todos os establecementos de venda polo miúdo. Preténdese tamén verificar o cumprimento da normativa vixente. Así, especificamente os inspectores comprobarán: as condicións xerais de hixiene dos establecementos, a rastrexabilidade das materias primas empregadas (provedores autorizados e rexistrados), a non utilización de envases recheables (aceite ou augardente) e a verificación da orixe e etiquetado de bebidas alcohólicas así como a correcta información alimentaria facilitada ao consumidor.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *