martes, 16 octubre, 2018
Portada > Actualidad > Rexistro galego de exposición laboral ao amianto

Rexistro galego de exposición laboral ao amianto

A Consellería de Sanidade vén de crear o Rexistro galego de exposición laboral ao amianto (Regela).

A inscrición neste rexistro facilitará máis o recoñecemento médico legal das incapacidades e das prestacións por continxencias laborais dos afectados, xa que ao tratarse dun rexistro oficial, poderá ser aportada no procedemento de acreditación da súa exposición laboral. Tamén permitirá rexistrar ao colectivo que xa non está no mercado laboral, que tivo exposición e que está sendo vixiado no Servizo Galego de Saúde. Ademais posibilitará un procedemento para que os traballadores expostos ao amianto que non teñan recoñecida esta circunstancia nas empresas nas que traballaban, podan ser incluídos no rexistro.

Outra das melloras é que os facultativos de traballo que vixían a saúde do traballadores que seguen nunha empresa onde houbo exposición ao amianto, están obrigados a remitir información sobre as súas actividades a este respecto.

O rexistro axudará a controlar a vixilancia da saúde realizada polos servizos de prevención en relación ao amianto. Ademais permitirá que o persoal médico do traballo acceda á información existente na Consellería en relación a anteriores vixilancias de saúde por amianto para poder coñecer as patoloxías previas. Por último, e tendo en conta a diversidade e mobilidade do mercado laboral, o Regela trata de cubrir as diferentes situacións para que o colectivo non quede desamparado na súa vixilancia.

Esta norma da resposta á necesidade de mellorar a normativa existente, de nivel estatal, e pretende aumentar o nivel de protección da saúde do colectivo exposto ao amianto e que a vixilancia da súa saúde sexa o máis completa posible. Entre as novidades que inclúe o Regela respecto da regulamentación actual vixente, o Real Decreto 396/2006 do 31 de marzo, polo que establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, destaca a importancia que se lle concede aos aspectos sanitarios. O Real Decreto céntrase principalmente nos aspectos técnicos, dedicando aos sanitarios tan só un artigo e non contempla ningún tipo de rexistro de exposicións ao amianto.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *