miércoles, 27 enero, 2021
Portada > Actualidad > O festival da Cultura Xorda apela a unha sociedade inclusiva

O festival da Cultura Xorda apela a unha sociedade inclusiva

Cultura sordaO día 17 de outubro, o titular da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu no Ágora da cidade herculina, o acto de inauguración do IV Festival da Cultura Xorda, que é plataforma de distintas manifestacións culturais realizadas pola comunidade xorda de toda Galicia.

Na súa intervención, o presidente da Deputación da Coruña destacou a “sensibilidade” do Goberno provincial coas demandas deste colectivo e sostivo que “unha sociedade avanzada deber ser inclusiva” con todos os colectivos e saber recoñecer a diversidade.

É a sociedade a que se ten que adaptar ás minorías, non as minorías á sociedade”, afirmou González Formoso, que pediu aos representantes do importante tecido asociativo de persoas xordas “que nos axudedes a detectar as vosas necesidades e a visibilizar o gran potencial que tedes, que debe darse a coñecer tamén fóra da comunidade xorda”.

Pola súa banda, o presidente de PAXPG, Iker Sertucha, destaco una súa intervención as “grandes barreriras de acceso ao ocio e á cultura” coas que aínda contan as persoas xordas en Galicia” e defendeu a importancia do movemento asociativo á hora de eliminar barreiras para este colectivo.

Sertucha recoñeceu algúns avances neste sentido, pero demandou o apoio das administracións para conseguir que manifestacións culturais cotiáns como o cine ou o teatro sexan accesibles tamén ás persoas xordas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *