jueves, mayo 24, 2018
Portada > Actualidad > O conselleiro de sanidade destaca os excelentes resultados do programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio

O conselleiro de sanidade destaca os excelentes resultados do programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio

Jesús Vázquez Almuiña, asistiu á inauguración do XVIII Simposio Internacional de Cardiopatía Isquémica e Críticos Cardiovasculares

Está recoñecido como un dos mellores en España e Europa

“Un dos programas dos que nos sentimos máis satisfeitos e orgullosos é o de Atención ao infarto agudo de miocardio (Prograliam), que conta con excelentes resultados”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de Inauguración do XVIII Simposio Internacional de Cardiopatía Isquémica e Críticos Cardiovasculares. Segundo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, o Prograliam foise consolidando e “está recoñecido como un dos mellores en España e Europa”.

Logo dunha iniciativa do Parlamento galego, en decembro de 2014, aprobouse a creación dun rexistro único galego para recoller toda a información sobre a morbi-mortalidade do infarto agudo de miocardio, cos datos achegados directamente polos propios servizos de cardioloxía dos hospitais e do 061. En maio de 2015, creouse o Regaliam (Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio) e a comision de seguimento. Dita comisión, se encarga de manter o rexistro actualizado, ademais de realizar o seguimento da actividade e a elaboración dos informes periódicos.

A comisión está conformada por representantes do Sergas e do 061, e sete cardiólogos propostos polos respectivos xefes de servizo de cardioloxía de cada hospital. A comisión avalía os datos do rexistro de forma obxectiva e baixo criterios estrictamente técnicos, e os seus informes son consensuados e asinados por todos os seus membros.

En base ás recomendacións da comisión, Sanidade levará a cabo distintas medidas encamiñadas a diminuír os tempos transcorridos entre o infarto agudo de miocardio e a súa atención no lugar máis adecuado. Así, realizarase unha campaña informativa poboacional para capacitar á cidadanía no recoñecemento de síntomas para que poida identificar, de xeito precoz, unha sospeita de infarto, de maneira que chamen ao 061 e se poida activar todo o proceso do Progaliam.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *