martes, 10 diciembre, 2019
Portada > Actualidad > O Colexio de Psicoloxía apela a reforzar a concienciación para reducir a sinistralidade viaria

O Colexio de Psicoloxía apela a reforzar a concienciación para reducir a sinistralidade viaria

Siniestralidade Galicia

O 2017, a nivel estatal , foi o peor ano en vítimas mortais nas estradas no último lustro

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) lembrou xa a primeiros de 2018 que a concienciación é un elemento crucial para abordar a loita contra os accidentes de tráfico e sinala que a psicoloxía é o ámbito profesional idóneo para a promoción dos cambios de conduta, co que é un aliado imprescindible para erradicar hábitos letais ao volante, como o consumo de alcohol ou drogas, o exceso de velocidade ou o uso do teléfono móbil.

Rematou 2017 con dúas novas ben distintas:

  • por unha banda, a nivel estatal foi o peor ano en vítimas mortais nas estradas no último lustro, con 1200 persoas falecidas;
  • pola outra, Galicia pechaba o ano coa cifra máis baixa desde que se teñen rexistros de mortos en accidentes de tráfico, un descenso do 29% con respecto ao ano anterior (77 persoas falecidas).

É un dato optimista o da nosa Comunidade, e neste sentido, cómpre destacar que se está a realizar un importante traballo de concienciación, que é un factor de protección crucial nas estradas.

Desde o COPG sinalan que o reto está en introducir medidas rehabilitadoras para abordar en profundidade o cambio entre os condutores reincidentes, que son o maior risco, e non pode ser unicamente a través de medidas sancionadoras que carecen dun carácter resocializador.

En Galicia, o Colexio está a desenvolver un programa específico para multirreincidentes en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza e Institucións Penitenciarias, Psicovial, e de acordo cos seus resultados, a reincidencia baixou nun 60% nas persas que accederon a el.

Non se trata, pois, dun problema só de adicións que se intentan solventar unicamente desde unha perspectiva médica, senón que cómpre resocializar e potenciar os recursos propios das persoas, e isto redundarán nunha maior seguridade nas estradas.

Para o PCPG, o feito de enviar a revisión médica aos condutores que dean positivo dúas ou tres veces nun ano, tal e como se anunciaba recentemente nos medios de comunicación, só servirá para saturar a sanidade pública con estas avaliacións, pero estaremos ante unha medida con escaso impacto, xa que na súa maioría non estamos diante dun problema de adición ou de alcoholismo que deba ser tratado desde unha perspectiva unicamente médica.

Tras a reincidencia adoitamos atopar un déficit de autocontrol, a percepción de autoinmunidade e a condución temeraria, tres aspectos que precisan ser abordados desde a psicoloxía a través de programas de modificación da conduta e de actitudes que sexan impartidos por profesionais.

O COPG defende unha abordaxe multidisciplinar cunha orientación claramente psicolóxica e resocializadora, de fortalecemento das actitudes e condutas de autocontrol como a mellor solución para intervir con condutores reincidentes.

Cómpre abordar a reincidencia antes de que chegue ao sistema penal e como complemento ao sistema do permiso por puntos.  Deste  xeito estaríase reforzando o permiso por puntos antes de pasar a saturar o sistema sanitario ou seguir engrosando o sistema penal e penitenciario.

Para o COPG é responsabilidade da Dirección Xeral de Tráfico dar resposta ás taxas de reincidencia para todos os casos nos que o sistema do permiso por puntos é insuficiente, introducindo un segundo nivel de intervención de maior duración e cun enfoque terapéutico psicolóxico.

Previamente a calquera actuación é preciso realizar unha avaliación da que se deriven distintas posibilidades segundo o resultado buscando o método idóneo para abordar a problemática concreta (a través do permiso por puntos, dun programa de intervención psicolóxica ou de programas de rehabilitación).

Así, só serían derivados ao sistema sanitario ou a programas de rehabilitación aqueles casos que precisen deles polo seu cadro patolóxico. Tendo en conta unha mostra de máis de 1000 intervencións con multirreincidentes que ten efectuado do COPG a través dos programas que vén desenvolvendo con esta poboación condutora, comprobamos que a proporción de necesidade de actuación con reincidencia repártense nun 50% en intervención psicolóxica, nun 20% rehabilitación e nun 30% é suficiente coa retirada de puntos do carné.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *