jueves, 29 octubre, 2020
Portada > Actualidad > O Centro de Saúde San José súmase ás accións de humanización e accesibilidade cognitiva

O Centro de Saúde San José súmase ás accións de humanización e accesibilidade cognitiva

A XXI de A Coruña, en colaboración coa Federación Autismo Galicia iniciou o pasado ano, no Hospital Teresa Herrera, un proceso de humanización do Servizo de Neurofisioloxía coa finalidade de facilitar a estes pacientes a realización da proba de electroencefalografía

O Centro de Saúde San José, súmase ás medidas de humanización e accesibilidade cognitiva que a Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña iniciou en colaboración coa Federación Autismo Galicia no Hospital Teresa Herrera, co obxectivo de facilitar o acceso aos seus servizos sanitarios a pacientes con necesidades específicas de apoio, como son as persoas con trastorno do espectro do autismo.

Sensibles ás necesidades das persoas con dificultades de comunicación, como son os pacientes con autismo, a Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, en colaboración coa Federación Autismo Galicia iniciou o pasado ano, no Hospital Teresa Herrera, un proceso de humanización do Servizo de Neurofisioloxía coa finalidade de facilitar a estes pacientes a realización da proba de electroencefalografía.

Esta acción non só consistiu na instalación de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación, pictogramas, nos seus espazos, senón tamén crear secuencias sobre os pasos para seguir para a realización desta proba, con pictogramas, para que os pacientes puidesen coñecer previamente a mesma, familiarizarse con ela e superar as barreiras de rixidez cognitiva asociadas ao trastorno autista.

Hoxe esta iniciativa, que foi implantada cun gran éxito no hospital, esténdese ao centro de saúde San José, as súas instalacións e servizos serán identificados mediante pictogramas pensando no paciente, para que senta máis próximo, máis seguro e máis autónomo cando acuda ao seu servizo sanitario, e supere as dificultades asociadas tanto ao seu trastorno autista como á contorna, garantindo igualmente a calidade asistencial.

Os pictogramas utilizados pertencen ao portal aragonés ARASAAC e son comunmente utilizados polas persoas con autismo pero, ademais, son válidos para calquera paciente con capacidades diversas, son intuitivos, fáciles de comprender e comunican de forma eficaz e precisa o servizo que se presta.

Ademais desta humanización da contorna, Mar Robleda Fernández e Mª Consuelo Cousido González, da Unidade de Saúde Bucodental do Servizo de Atención Primaria de San José e a Federación Autismo Galicia, elaboraron un díptico sobre o coidado da saúde bucodental na infancia con información para pais e nenos. Esta información facilitarase ás familias polos seus profesionais da saúde, co obxectivo sensibilizar sobre a importancia do coidado bucodental na infancia como medida de prevención.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *