sábado, junio 23, 2018
Portada > Actualidad > “Muller e saúde renal” para conmemorar o Día mundial do Ril

“Muller e saúde renal” para conmemorar o Día mundial do Ril

ADROVI

A Axencia de doazóns e Órganos e sangue súmase á conmemoración do día mundial do Ril baixo o lema “Muller e saúde renal”. A solidariedade dos doantes e das súas familias, permitiu a realización, no pasado ano 2017, de 160 transplantes de ril.

A Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo ten instalada hoxe día 8 de marzo de 2018,  unha mesa informativa na Rúa Príncipe para fomentar a doazón de órganos e sangue.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere por de manifesto, nesta data, a importancia de manter hábitos de vida saudables que garantan o mantemento do noso bo estado de saúde, así como extremar os coidados no caso dos nosos riles.

A Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS quere lembrar que, grazas á solidariedade dos doantes e das súas familias, no pasado ano 2017, realizáronse en Galicia, un total de 160 transplantes de ril, dos cales 31 procedían de doador vivo.

Tamén o Colexio Vivas de Vigo acolle unha charla coloquio sobre a enfermidade renal, dentro das actividades previstas co gallo do Día Mundial do Ril.

ADROVI informará e fomentará a doazón de sangue entre todos os cidadáns que se acheguen e, ademais, está a distribuír, ao longo desta semana entre todas as persoas que doen sangue, tanto no local de doazón do Hospital Nicolás Peña como nas unidades móbiles de ADOS que percorren distintos puntos da cidade de Vigo, rifas para o sorteo dunha camiseta oficial do RC Celta, cedida polo equipo vigués.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *