martes, 4 agosto, 2020
Portada > Actualidad > Experiencias sobre a vida despois do cancro de mama

Experiencias sobre a vida despois do cancro de mama

O obxectivo do ciclo de xornadas “Empoderamento da muller con cancro de mama”, é que as persoas que superaron esta enfermidade  poidan despexar dúbidas, abordar cuestións de interese común e compartir experiencias. A segunda xornada deste ciclo provincial organizado pola Deputación da Coruña e o servizo de Oncoloxía do CHUAC celebrouse en Carballo e reuniu a mulleres da comarca de Bergantiños.

A xornada foi inaugurada polo doutor Luís Antón Aparicio, xefe da área de Oncoloxía do centro hospitalario coruñés e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que gabou esta “iniciativa sociosanitaria pioneira que pretende chegar a máis de 1.000 mulleres en toda a provincia e que permite non só ofrecer recursos ás mulleres que superaron o cancro de mama para resolver as dúas dúbidas e continuar a súa vida nas mellores condicións, senón que ademais permite ao profesionais da sanidade pública obter un interesante feedback sobre cales son os asuntos que lles preocupan”, afirmou.

Temas como a sexualidade, o embarazo, a depresión e ansiedade, os coidados das zonas afectadas foron algúns dos aspectos abordados polos diferentes especialistas en medicina, enfermería, psicoloxía que participaron no foro, no que ademáis as mulleres tiveron oportunidade de compartir as súas experiencias en torno a unha doenza que supón un de cada tres novos casos de cáncer detectados en mulleres, pero que conta a día de hoxe cun elevado índice de supervivencia, de máis do 80%. As expertas incidiron tamén na importancia da sensibilización da poboación sobre a detección precoz da enfermidade para seguir aumentando esta cifra.

As xornadas contaron coa participación de especialistas coma as enfermeiras Shalom Rivera, que explicou os coidados de enfermería e a epidemioloxía do cancro de mama, que afecta cada ano a 26.000 mulleres en España, 350 delas só na área sanitaria coruñesa. A xinecóloga Carlota Díaz Carballada abordou cuestións relativas á fertilidade, a sexualidade e o embarazo tras o cancro; mentres que a psicóloga María Comillas de la Vega centraronse nos aspectos psicolóxicos da enfermidade. A oncóloga Silvia Antolín, o fisioterapeuta Julio Aparicio, o dermatóloga Carmela Pestoni e a socióloga Luz Campello completaron o programa de ponentes desta xornada.

App para móbiles

A organización conta tamén cunha app para dispositivos móbiles (EMCM18), que permite ás interesadas rexistrarse nas diferentes xornadas informativas que se realizarán na provincia, coñecer os detalles do programa, obter información sobre determinados aspectos de interese e manter o contacto a través dun foro no que poden compartir as súas experiencias.

Próximas xornadas

O ciclo «“Empoderamento da muller con cancro de mama” celebrarase tamén na Casa da Cultura de Cee o próximo 6 de setembro e en A Coruña, onde a organización prevé reunir a máis de 500 mulleres no Teatro Colón o vindeiro 8 de novembro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *