miércoles, 27 enero, 2021
Portada > Actualidad > Benestar incrementa as prazas públicas para afectados por parálise cerebral

Benestar incrementa as prazas públicas para afectados por parálise cerebral

symh-logo-twitterMato reafirmou o compromiso do Goberno co colectivo da discapacidade e, neste senso, lembrou que a Xunta aprobará nas próximas semanas a carteira de servizos, que ofertará recursos específicos para as persoas con parálise cerebral. “Somos conscientes de que este tipo de discapacidade require un tratamento diferenciado e para iso temos deseñado uns servizos de atención diúrna, nocturna, ocupacional e residencial adaptados ás necesidades de cada persoa”, indicou.

Neste sentido, Mato expuxo que a integración e o benestar das persoas con discapacidade é un dos obxectivos prioritarios do Goberno galego e, por iso, lembrou que este ano se decidiu blindar, a pesar do contexto de crise económica, o orzamento destinado a este colectivo, que ascende a preto de 83 millóns de euros: 66 millóns para a atención social e 17 millóns no eido laboral. Así mesmo, afirmou que nos últimos catro anos creáronse 631 prazas para persoas con discapacidade.

A titular de Benestar recordou que do Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade posto en marcha na pasada lexislatura xa se executaron preto do 90 por cento das 305 medidas que inclúe.

En definitiva, Mato concluíu asegurando que a Xunta e colectivos como Aspace comparten o mesmo obxectivo “contribuír á integración das persoas con discapacidade e traballar para facer unha sociedade más inclusiva e máis madura”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *