martes, 15 octubre, 2019
Portada > Uncategorized > “As persoas non podemos non ser sexuadas, é inherente o ser humano»

“As persoas non podemos non ser sexuadas, é inherente o ser humano»

A sexualidade aínda é un tema tabú para gran parte da sociedade e non é abordado en toda a súa complexidade. Cando falamos de sexualidade limítanos moitas veces a falar do coito e cando se trata de mocidade, a información que, algunhas vece,  se lles facilta limítase aos perigos das prácticas sexuais, aportándolle á sexualidade un carácter negativo.

A educación sexual está intímamente ligada coa saúde sexual. Os mozos e mozas aínda que dispoñen de máis información agora ca en épocas pretéritas non teñen modificado algunhas condutas de risco. As consecuencias disto poden ser múltiples como o contaxio de enfermedades de transmisión sexual ou de VIH. Para concienciar sobre estes riscos é preciso abordar a sexualidade dende unha perspectiva ampla na que se advirta dos perigos pero sen perder a perspectiva de que na sexualidade entran outros aspectos psicolóxicos, sociais, antropolóxicos e culturais. Dende os centros Quérote+, a abordaxe desta temática ten tres obxectivos “coñecerse, aceptarse e vivir ou poder experimentar unha erótica o máis saudable e satisfactoria posible”, segundo apunta Noa Tilve, Coordinadora e psicóloga dos centros Quérote+.

 

A mocidade ten agora máis acceso a información pero é útil esta información? Unha cousa é que vivamos na sociedade da información e outra que vivamos na sociedade do coñecemento. A mocidade ten aceso a moita información pero non quere dicir que teñan coñecementos. Coa apertura das posibilidades de acceso a información como Internet, podes atopar moita información pero a máis accesible, as primeiras páxinas non soen ser informacións científicas ou profesionais senon de usuarios e usuarias que dan opinións. A día de hoxe a vía empregada para solucionar as dúbidas é Google. Non é a familia, os irmáns, amigos ou o centro de ensino. Eles formulan a pregunta que teñen tal cual e ante esa pregunta aparece un foro de opinión. Ás veces os criterios de búsqueda e selección non é veraz e está cargada de valores morales.

Que debe abranguer a educación sexual para ser de calidade? O obxectivo dende o que nos achegamos dende os nosos centros á educación sexual engloba tres cousas: coñecerse, aceptarse e vivir ou poder experimentar unha erótica o máis saudable e satisfactoria posible. É un abano moi plano. En coñecerse entre todo, coñecerme a min e aos demais e recoñecer a diversidade de persoas. Aceptarte, quererte, gustarte para así facer que te respeten. Unha educación sexual que recoñeza unha erótica satisfactoria e saudable supón previr situacións non desexadas como pode ser un embarazo ou as enfermidades de transmisión sexual (ETS). Conseguir as cousas que buscan, que poidan estar a gusto, satisfeito e pasalo ben. Dende os obradoiros e no traballo diario, a abordaxe non se fai dende o modelo de riscos, basado única e exclusivamente na promoción do uso de métodos anticonceptivos ou de protección das ETS. Facemos un traballo dende outra óptica, máis amplo, onde se recolle tamén ese aspecto.

Que sucede ao achegarse á sexualidad dende unha concepción negativa? O modelo de riscos está baseado nunha visión da sexualidade moi xenital, moi coital, asociado o perigo, e a heterosexualidade. Ten o perigo de que no centro de ensino  só lle dis que poña o condón, dislle o que ten que facer, algo que só ten que ver co aspecto xenital. Hai que falar dende todo o corpo, onde se abrangan todas as orientacións sexuais, non é unha cuestión de xente nova, tamén teñen a súa propia sexualidade ao longo de todas as etapas vitais e dende unha erótica máis diversa onde non só entran os xenitais, senon o gusto, o olfato, as mans ou as pernas.

É necesaria a educación sexual en todas as etapas da vida? As persoas somos sexuadas dende que nacemos, nos construimos como homes e mulleres dende que nacemos. En cada etapa a información e o achegamenteo ten que ser diferente. Un neno ou unha nena ten que coñecerse. Con tres anos coñece como evoluciona o seu corpo ou coa pubertade, que tamén se comeza a saír do grupo familiar para entrar no grupo de iguais. Todo ten que ver con como nos relacionamos. Se non sei como son ou o que quero non me podo diferenciar de como son os demais ou ser asertivo para dicir esto o quero facer ou non. Tamén no campo da sexualidade erótica, agora é o meu momento ou non, porque eu non son igual que os demais. Os papás e mamás dende pequenos collen os nenos en brazos, amósanlles o afecto e iso é educación sexual. Normalmente, nesa etapa faise ben pero hai un momento no que paramos e despois na adolescencia entramos en situacións de alerta. O ideal é non entrar nesa situación de alerta. Ten que ser un proceso no que todas as fontes, centros de ensino, casa ou medios de comunicación dean a información que corresponde en base a cada etapa vital.

Cambiou a comunicación coa familia? Hai algo que non vai cambiar. Na adolescencia, o grupo de referencia son máis as amizades que a familia. Segue sendo habitual que non lles pregunten á familia por un tema de pudor. Un cambio que detectamos é que agora hai familias que traen os seus fiillos ou fillas os centros para que lles demos información. Os pais recoñecen que os seus fillos teñen a súa propia sexualidade e poidan resolver as dúbidas en caso de que eles teñan certas dificlutades para achegarlles esta información. Pero sí que é certo que nunha consulta nunha aula ao mellor de 25 alumnos din que falan coa familia destes temas tres.

A educación sexual non está presente no currículo formativo, debería fomentarse? Se estivera presente de maneira curricular e obrigado, a construcción vital dos rapaces e rapazas neste campo sería moito máis plena e sen tantas dificultades. O ideal é que houbese un curriculum e un espazo dentro do centro de ensino para poder facelo. Hai centros de ensino que dentro do Plan Proxecta poden adherirse e poñer en marcha o programa Quérote+. Contamos con 46 centros adheridos. Somos un servizo público pero non deixamos de ser unha entidade externa que depende de que o equipo directivo estea interesado e deixe espazo para que isto se poida impartir. O ideal sería que fose algo que entrara de maneira directa.

A educación sexual pode evitar conductas perigosas tamén no ámbito emocional? Si, conflictos como o control ou a violencia en parella. Neste caso, fálase do amor, dos mitos do amor e dos vínculos afectivos. Hai que falalo dende o principio. Non é unha cuestión só dos adolescentes. Como pais hai que pensar no modelo que somos para os nosos fillos, como son as relacións de parella e como as vivimos.

Falta aínda normalidade para falar da sexualidade? As persoas non podemos non ser sexuadas, é inherente ao ser humano, independentemente de que despois decida ter ou non prácticas sexuais. En todos os aspectos. Aínda que sexa invidente, vaia en cadeira de rodas ou teña un Síndrome de Asperger, é unha persoa sexuada. Intentar negar esa realidade fai que as persoas non nos desenvolvamos e fagamos o que poidamos da mellor maneira posible. As consecuencias serán que haberá persoas que pasen a proba e vaian salvando os obstáculos ou quen se tropece con consecuencias moi negativas.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *