jueves, 29 octubre, 2020
Portada > Uncategorized > As listas de selección temporal de persoal de xestión de servizos poden consultarse no expedient-e

As listas de selección temporal de persoal de xestión de servizos poden consultarse no expedient-e

symh-logo-twitterO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de o 13de xuño de 2013, o anuncio polo que se dá publicidade ás listas provisionais de admitidos e excluídos nas seguintes categorías:

  • Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.
  • Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
  • Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
  • Cociñeira/o.
  • Pinche.

As case 3.500 persoas inscritas poden consultar os resultados a través do sistema do expediente electrónico do profesional. Ademais, grazas a esta ferramenta, poden consultar as causas de exclusión, a documentación declarada co estado de incompleta (DI), así como os erros materiais en que incorresen ao tempo de formalizar a súa inscrición no proceso, que poderán ser emendados nos dez días naturais seguintes a esta publicación.

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos que incorporará ademais os resultados da valoración dos méritos, conforme a baremo, das persoas aspirantes admitidas.

Todas aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos e excluídos e teñan formalizado a súa solicitude de inscrición con posterioridade ao día 25 de marzo de 2013, incluiranse na relación de admitidos/excluídos no seguinte proceso de xeración de listas que se efectúe nesta categoría.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *