viernes, 22 marzo, 2019
Portada > Sociosanitario > A Xunta mellora o acceso ao vaso terapéutico do Cee Terra de Ferrol

A Xunta mellora o acceso ao vaso terapéutico do Cee Terra de Ferrol

 

Souto-de-Leixa-y-Terra-de-FerrolOs conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela, e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron o 17 de novembro, un convenio de colaboración a través do que se mellora o acceso dos usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) Souto de Leixa ao vaso terapéutico do Centro de Educación Especial (CEE) Terra de Ferrol. Deste xeito, ambos os departamentos da Xunta de Galicia unen forzas para prestar o servizo máis completo posible aos usuarios de ambos os centros, dependentes de Política Social -o Souto de Leixa- e de Cultura e Educación -no caso do CEE-.

O conselleiro de Política Social asegura que esta sinatura acada un uso do vaso terapéutico que “responde perfectamente á demanda” e que dá cumprimento a unha “petición do colectivo de pais e nais e tamén dos equipos técnicos dos dous centros”. Rey Varela apuntou que o acordo era necesario porque “as instalacións públicas teñen que estar pensadas para os usuarios”. Ademais tamén destacou a reunión privada que manterá “cos representantes do alumnado para tratar as melloras que estamos planificando neste centro que anunciaremos no seu momento e que teñen que ser consensuadas con eles”.

Segundo Román Rodríguez, o acordo enmárcase no compromiso do Goberno galego coa atención á diversidade do alumnado galego, e representa un exemplo de colaboración institucional e de uso compartido de recursos públicos. O conselleiro recalcou que se trata dunha acción de “xustiza social” que contribúe claramente á mellora da integración e da calidade de vida das persoas que están no centro de Leixa.

Condicións de uso

O acordo mellora o anterior convenio de 2014, establecendo que os usuarios do Souto de Leixa poderán utilizar o vaso terapéutico de outubro a xuño – no anterior acordo só se garantía o acceso de marzo a xuño-. Desta forma, poderán acceder 8 persoas ao vaso 1 día á semana ao longo de todo o curso.

Está previsto que o vaso volva a estar a disposición de ambos os centros no prazo aproximado dun mes, unha vez conclúan as obras de adaptación á normativa vixente que se están a realizar no mesmo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *