jueves, 17 enero, 2019
Portada > Actualidad > A importancia dos repousacabezas nos dispositivos de suxeición na infancia

A importancia dos repousacabezas nos dispositivos de suxeición na infancia

Os fisioterapeutas destacan a importancia de usar repousacabezas nos dispositivos de suxeición dos bebés e nenos/as para garantir a súa seguridade ao viaxar en coche.

Nos dispositivos de suxeición que se utilizan como asento de nenos e bebés cando se viaxa en coche, é fundamental prestar atención ao repousacabezas, colocándoo á altura adecuada, así como utilizar accesorios que permitan evitar malas posicións da cabeza dos nenos cando queden durmidos durante os traxectos.
Esta é unha das recomendacións realizadas polos fisioterapeutas no videoconsello da súa campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’. Neste mes de setembro, céntranse  nas precaucións a ter en conta á hora de transportar bebés e nenos no coche de maneira saudable.

Consideracións como ancorar correctamente as cadeiriñas dos nenos ao asento do coche ou utilizar sempre dispositivos de suxeición que estean homologados, son tamén aspectos fundamentais para que os nenos e bebés viaxen o máis suxeitos e seguros posible no caso de que se produza calquera accidente.

Os fisioterapeutas recomendan así mesmo que, en función do peso e a idade do menor, viaxen a contramarcha (é dicir, mirando cara atrás e non cara a adiante) e que os cintos de seguridade estean axustados á talla e tamaño do neno ou nena, evitando que quede pouco suxeito ou que, pola contra, o cinto exerza demasiada presión sobre o neno e poida sentirse incómodo.

Ademais, os fisioterapeutas aconsellan prestar atención ao tipo de dispositivo no que se transporta ao bebé, xa que moitos non están deseñados para permanecer neles demasiado tempo e poden ser prexudiciais para a columna do pequeno. En concreto, os dispositivos tipo “ovo” non son aconsellables para traxectos de longa duración.

Outras recomendacións dos fisioterapeutas son evitar colocar aos bebés nos dispositivos de suxeición con roupa moi voluminosa, como chaquetóns ou bufandas, xa que en caso de impacto é máis probable que poidan escorregarse con maior facilidade. Tamén, utilizar espellos interiores que permitan controlar aos menores sen variar a postura do condutor: unha vez estean situados correctamente no seu dispositivo de suxeición, que colocaremos preferiblemente na parte de atrás do coche, os espellos interiores facilitarán que os condutores podamos manter unha posición adecuada de condución sen perder o control visual dos menores, evitando así posibles riscos derivados dun xiro cara atrás.

Á hora de cargar aos bebés en brazos para montarlles no coche tamén se deben ter en conta algunhas consideracións, como evitar movementos bruscos e abrir a porta do vehículo o máximo posible para non realizar xestos forzados innecesarios.

Para evitar lesións musculoesqueléticas, os fisioterapeutas aconsellan flexionar os xeonllos e manter ao bebé o máis pegado ao corpo posible se hai que levantalo desde unha baixa altura. En caso de utilizar sistemas de soporte de bebés que conseguen mantelo o máis próximo ao noso corpo posible, sempre hai que ter en conta a estabilidade do adulto.
Por último, os fisioterapeutas aconsellan non manter moito tempo a un menor en brazos sen
ningún tipo de soporte, pois pode producir lesións nas costas derivadas do esforzo prolongado
ou as malas posturas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *