miércoles, 12 diciembre, 2018
Portada > Actualidad > A consellería de Educación reforza a FP galega na Coruña a través da renovación da colaboración coa Fundación Centro Oncolóxico

A consellería de Educación reforza a FP galega na Coruña a través da renovación da colaboración coa Fundación Centro Oncolóxico

symh-logo-twitterA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria renova para o vindeiro curso 2013/2014 a súa colaboración coa Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro para a formación de alumnado de FP.

Así, o alumnado que curse ensinanzas da familia profesional de Sanidade no CIFP Ánxel Casal Monte-Alto (A Coruña), en concreto o ciclo de grao superior de Radioterapia, poderá desenvolver os módulos de Fundamentos e técnica de tratamentos de teleterapia, e Fundamentos e técnica de braquiterapia nas instalacións Fundación, que dispón das instalacións e do equipamento preciso para a impartición destes módulos. Así mesmo, a Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia achega o profesorado especialista necesario para a impartición destas ensinanzas.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *